InicioSucesosTrasladado ao hospital un home que foi detido en Vigo por roubar...

Trasladado ao hospital un home que foi detido en Vigo por roubar nunha tenda de electródomésticos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 52 anos de idade, veciño de Pazos de Borbén, como suposto autor da subtracción de varios obxectos nunha tenda de electrodomésticos, e que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario por problemas cardíacos xusto tras ser arrestado.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron este martes pola tarde, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a esta tenda, no centro comercial A Laxe, onde dous empregados de seguridade tiñan retido a un suposto ladrón.

Ao chegar os axentes, un dos empregados explicou que sorprenderan ao home saíndo pola liña de caixas sen pagar varios obxectos que levaba entre as súas roupas. A pesar de darlle o alto, o sospeitoso fixo caso omiso e botouse a correr polo centro comercial, ata que foi interceptado por outro vixiante.

O presunto ladrón sacou unha navalla para intimidar aos vixiantes pero estes lograron arrebatarlla, e retivérono ata que chegou a Policía. Nese momento, o home foi detido e manifestou aos axentes que sentía moi nervioso e que tiña problemas cardíacos, polo que os funcionarios iniciaron os trámites para trasladalo a un centro sanitario.

Durante o desprazamento no coche patrulla, o estado do home empeorou e empezou a convulsionar. Os policías tiveron que parar o vehículo e pediron unha ambulancia; mentres, unha viandante que era enfermeira achegouse e auxiliou aos axentes nos labores de reanimación do detido.

Pouco despois, chegou a ambulancia, que atendeu ao home no lugar e, tras a súa estabilización, foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanece ingresado e evoluciona favorablemente.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...