InicioSociedadeA Federación de Librarías de Galicia buscará localización adecuada á Feira de...

A Federación de Librarías de Galicia buscará localización adecuada á Feira de Vigo para mellorar cifras de asistencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Libraría de Galicia saíu ao paso das críticas pola celebración da Feira do Libro de Vigo na zona peonil do Calvario, e sinalou que, aínda que as cifras de visitas e vendas foron lixeiramente superiores a outros anos, seguen estando por baixo do que correspondería á maior cidade de Galicia.

A través dun comunicado, a Federación explicou que, a principios de 2023, expuxo as posibles datas e negociou co Concello, como é habitual, a localización das casetas. O Concello, “o que menos achega económica presta á organización da súa feira”, expuxo a posibilidade de facer a feira no barrio do Calvario, no marco da Festa da Alegría.

“A Federación de Librarías de Galicia considerou interesantes as condicións que o Concello sumaba (…), e valorou positivamente enmarcar a feira dentro dun proxecto que contiña máis actividades,e que podería axudar a sumar público ao proxecto (…)”, explicou a organización.

A Federación afirmou que é consciente “da controversia” suscitada por esta nova localización, pero lembrou que a feira cambiou de contorna tres veces na última década en Vigo. “Todas as localizacións tiveron críticas e aplausos, proles e contras”, lembraron, e sinalaron que, para valorar a actual localización, preferiron esperar a que terminase o evento.

Unha vez concluída a feira, constataron que o número de visitantes e as cifras de vendas foron lixeiramente superiores a anos anterioes, “pero seguen sendo máis baixos do desexable para a feira do libro do concello máis grande de Galicia”. “Polo que seguiremos traballando na procura da localización e proposta adecuada, como fixemos sempre”, subliñaron.

Finalmente, desde a Federación fixeron un chamamento “á calma” e pediron que os debates políticos “non aparten o foco mediático do verdadeiramente importante: as xornadas de convivencia entre autores e lectores que esta feira permitiu”.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...