InicioVigo e contornaVigoA Xunta afirma que o Concello de Vigo enviou os últimos documentos...

A Xunta afirma que o Concello de Vigo enviou os últimos documentos do PXOM hai horas

O Executivo galego responde despois de que tanto a concelleira de Urbanismo, María José Caride, como o alcalde, Abel Caballero, denunciasen publicamente que a Xunta está a atrasar os informes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia rexeitou este venres as acusacións do goberno local de Vigo, que denunciou que a administración autonómica está “a bloquear por motivos políticos” a emisión de informes necesarios para completar a tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Así, despois de que tanto a concelleira de Urbanismo, María José Caride, como o alcalde, Abel Caballero, denunciasen publicamente que a Xunta está a atrasar os informes, e que aínda non respondeu ao último envío de documentación “en abril”, a administración galega precisou que, o pasado mes de maio, a Dirección Xeral de Patrimonio dirixiuse ao Concello para reclamarlle a achega de documentos que non presentara.

Nese momento, desde a Xunta reclamouse a achega de varias fichas que non foran incluídas en resposta aos requirimentos anteriores. Esa documentación, apuntaron fontes autonómicas, entrou por rexistro este xoves 29 de xuño.

Con respecto ao outro informe que falta, o da Axencia Galega de Infraestruturas, desde o goberno municipal mantense que xa se deu resposta ao requirimento feito pola Xunta, reflectindo no PXOM que o financiamento autonómico para infraestruturas será “cero”. No entanto, fontes da Xunta advertiron que non se achegou toda a documentación requirida, e puxeron o exemplo do plan de mobilidade solicitado.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...