InicioSucesosDenuncia para un condutor implicado nun accidente en Vigo e que deu...

Denuncia para un condutor implicado nun accidente en Vigo e que deu positivo en alcoholemia

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias de denuncia contra un condutor, que se viu implicado nun accidente, e cuxa taxa de alcoholemia superaba o límite permitido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias de denuncia contra un condutor, que se viu implicado nun accidente, e cuxa taxa de alcoholemia superaba o límite permitido.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha dotación do 092 trasladouse á rúa Suárez Llanos, tras producirse un accidente de circulacuón entre un turismo e unha motocicleta.

Ambos os condutores resultaron ilesos, pero uno deles presentaba signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi sometido a un test. A proba deu un resultado positivo por encima do límite penal permitido, polo que o condutor foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

A Policía tamén informou doutra invertención, na tarde do mércores, cando se produciu un accidente con dous coches implicados na rúa Sanjurjo Badía. Dúas das persoas implicadas, un home e unha menor de pouca idade, foron trasladados a un centro hospitalario, aínda que o seu estado non revestía aparente gravidade.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...