InicioSucesosUn obreiro resulta ferido de gravidade despois de caer dun tellado en...

Un obreiro resulta ferido de gravidade despois de caer dun tellado en Ponteareas

Unha vez finalizada a intervención, o 112 tivo constancia de que o operario foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario resultou ferido de gravidade tras caerse de varios metros de altura cando traballaba nas instalacións dunha empresa de forxados, localizada nunha zona comercial do lugar da Lomba, na parroquia de Areas.

Segundo recolleu o 112, foi un particular, quen cinco minutos antes das 13,00 horas chamou a emerxencias para solicitar asistencia sanitaria.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediron a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Ponteareas.

Unha vez finalizada a intervención, o 112 tivo constancia de que o operario foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...