InicioSociedadeVellez Digna entrenga á DomusVi máis de 400 sinaturas en contra da...

Vellez Digna entrenga á DomusVi máis de 400 sinaturas en contra da “subida abusiva” do IPC

Sinalan que eses cartos "non repercutiron en contratar máis persoal ou en pagalos mellor, tampouco se fan máis actividades para os residentes, nin se melloraron os servizos, nin a comida".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este martes as 16:30 a asociación Vellez Digna tivo unha reunión co Director Territorial de Galicia sur de DomusVi, para facerlle entrega das mais de 400 sinaturas recollidas, entre familiares e achegados dos residentes, contra a “subida abusiva” do IPC mais o 3%, que cada ano esa empresa fai aos usuarios das súas residencias. Este ano en total un 10 % mais, unha suba superior aos 200 euros mais ao mes.
Así, nos últimos 7 anos, subiron o IPC anual e un 21% adicional ao IPC. Con todo, sinala que eses cartos “non repercutiron en contratar máis persoal ou en pagalos mellor, tampouco se fan máis actividades para os residentes, nin se melloraron os servizos, nin a comida”.

Polo tanto, solicitan que se anule con efectos retroactivos a 1 de xaneiro deste ano a cláusula contractual na que se ampara “a inxustificable” subida dese 3% adicional ao IPC cada ano. Enfaitizan que se a resposta é negativa realizarán unha nova campaña estatal de recollida de sinaturas, a través das rede para “visualizar tanto as subidas abusivas como a baixa calidade dos servizos e os incumprimentos de contrato de DomusVi”.

Asi mesmo, Vellez Digna tamén denuncia que na DomusVi “hai erros frecuentes na facturación, a comida empeorou, a escaseza de persoal é máis que evidente, a hixiene buco dental é escasa ou inexistente e non se cobren baixas nin vacacions”

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...