InicioSucesosDetidas 5 persoas por tráfico de drogas no festival Millo Verde de...

Detidas 5 persoas por tráfico de drogas no festival Millo Verde de Cesantes, en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron por tráfico de drogas o pasado fin de semana a 5 persoas durante a celebración do festival de cultura alternativa Millo Verde, que tivo lugar na praia de Cesantes, en Redondela.

Segundo informaron fontes policiais, no marco do dispositivo de seguridade despregado con motivo do festival, os axentes interceptaron un coche que circulaba a gran velocidade polas inmediacións da praia.

A Policía identificou os seus cinco ocupantes e, ao facerlles un cacheo superficial, localizaron entre as súas pertenzas diversas sustancias estupefacientes preparadas para a súa venda, así como diñeiro en efectivo. Entre as sustancias intervidas, atoparon unha bolsa con pastillas de MDMA, varios gramos de cocaína e unha bolsa de plástico con ketamina.

Ademais, no maleteiro do vehículo, onde estaban as mochilas dos seus ocupantes, os axentes atoparon bolsas de plástico con cogomelos alucinóxenos envasadas ao baleiro e outros derivados dos cogomelos, botellas de amoníaco, papel de aluminio e unha báscula de precisión. Por estes feitos, o cinco ocupantes do vehículo foron detidos como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da...

Investigan a desaparición de dúas participacións da Lotaría de El Niño premiadas con 15.000 euros cada unha

Dous vigueses denunciaron a desaparición de dúas participacións da Lotaría de El Niño premiadas...

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...