InicioSociedadeA UVigo amplía a súa oferta cos graos de Deseño e Enxeñaría...

A UVigo amplía a súa oferta cos graos de Deseño e Enxeñaría da Automoción, e varios máster

PUBLICADO O

- Advertisement -

Universidade de Vigo amplía a súa oferta cun grao de Deseño e un de Enxeñaría da Automoción con mención dual, que comezarán a impartirse o curso que vén, no que tamén se porán en marcha varios máster: Enxeñaría Aeronáutica, Xestión Sustentable da auga, Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica e Fabricación Aditiva.

En total, a UVigo contará para o curso 2023-24 con 3.889 prazas de grao de novo ingreso, entre as que están as 50 do grao de Enxeñaría da Automoción, “que está pendente de obter o informe favorable final da Axencia para a Calidade do Sistema Universitaria de Galicia (ACSUG) e a súa aprobación por parte do Consello Galego de Universidades”, segundo apuntou o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago.

Esta titulación con mención dual está adscrita á Escola de Enxeñaría Industrial, e conta con colaboración do clúster de automoción (CEAGA), que facilitará a incorporación de estudantes para facer prácticas en empresas. Por outra banda, o grao de Deseño xa conta con informe favorable da ACSUG e porase en marcha en setembro no campus de Pontevedra con 45 prazas para alumnado de novo ingreso. A titulación arrincará no espazo cedido á UVigo no edificio administrativo da Xunta na rúa Benito Corbal.

O máster en Enxeñaría Aeronática implantarase no campus de Ourense, na Escola de Enxeñaría Aeronática e do Espazo; e no campus de Vigo poranse en marcha os máster de Xestión Sustentable da auga, adscrito á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía; Fabricación Aditiva, adscrito á Escola de Enxeñaría Industrial; e de Tecnoloxías da Información Cuántica, adscrito á Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...