InicioSucesosCondenas de 3 e 5 anos de cárcere para os integrantes dun...

Condenas de 3 e 5 anos de cárcere para os integrantes dun grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas

Os maxistrados, que tiveron en conta a atenuante de dilacións indebidas, considerounos culpables dun delito de tráfico de drogas e doutro delito de pertenza a grupo criminal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou con entre tres e cinco anos e medio de cárcere a oito acusados de tráfico de droga por menudeo na cidade olívica.

Tras o xuízo, levado a cabo o pasado mes de abril, o tribunal decidiu condenar con cinco anos e medio de cárcere a un matrimonio por dedicarse, desde o ano 2012, á distribución de sustancias estupefacientes, tanto das que causan grave dano á saúde, como das que non o causan.

Os maxistrados, que tiveron en conta a atenuante de dilacións indebidas, considerounos culpables dun delito de tráfico de drogas (catro anos e medio de prisión) e doutro delito de pertenza a grupo criminal (un ano de prisión). Ademais, tamén se lles impuxo a cada un deles o pago dunha multa de máis de 50.000 euros.

Pola súa banda, os outros seis acusados tamén foron condenados. En concreto, tres deles terán que pasar catro anos no cárcere e pagar 33.371 euros polos delitos de tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal, mentres que os outros tres foron condenados a tres anos de prisión polos mesmos delitos e a unha multa de 20.000 euros.

“Para a realización desta actividade, (o matrimonio) servíase da colaboración prestada polo resto dos acusados”, subliña a sala, que considera probada que todos eles operaban “de forma estable, formando unha organización, na que se actuaba de maneira conxunta, seguindo as directrices que marcaba o matrimonio”.

No seu escrito, o Ministerio Fiscal xa indicaba que dous do oito acusados (o matrimonio) servíase da colaboración dos outros seis para entregar a droga aos clientes. O modo habitual de proceder consistía en que unha das acusadas recibía os encargos dos compradores e coordinaba o cliente con algún dos distribuidores ás súas ordes, aos que lle facilitaba a sustancia e indicáballe o punto de entrega.

O outro líder da organización en xeral xestionaba a recadación do diñeiro e efectuaba labores de vixilancia e control nos arredores do lugar de entrega, que habitualmente era nun bar ou cafetaría do barrio de Teis. Por iso, Fiscalía solicitaba cinco anos e medio de cárcere para os dous líderes da organización, que finalmente foron aceptados pola Audiencia.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...