InicioSociedadeA Audiencia revisa a pena ao funcionario condenado polo caso 'enchufe', aínda...

A Audiencia revisa a pena ao funcionario condenado polo caso ‘enchufe’, aínda que só reduce 3 meses a prisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou un auto no que acorda a revisión da pena imposta a Francisco Javier G.O., exfuncionario do Concello de Vigo ao que lle impuxeron 5 anos e tres meses de prisión por ‘enchufar’ nunha contrata municipal á cuñada de Carmela Silva, e rebaixou dita pena en 3 meses, polo que debe cumprir cinco anos.

Así, a revisión produciuse con respecto ao delito de malversación (o funcionario foi condenado tamén por prevaricación e falsidade documental), con arranxo aos cambios no Código Penal. Deste xeito, dado que a nova formulación do texto é máis beneficiosa para o penado, a Audiencia acordou a revisión e a redución en 3 meses da condena.

A efectos prácticos, este cambio non afectaría o ingreso en prisión do exfuncionario, que se atopa pendente tras un recurso interposto pola seu defensa, á espera de que se resolva a súa solicitude de indulto. En abril de 2023, a Audiencia ditou un auto no que instaba a Francisco Javier G.O. a entrar en prisión a cumprir a súa condena, dando por feito que a solicitude de indulto, transcorrido un ano, fora desestimada (aínda que non houbo resolución respecto diso), pero a defensa presentou un recurso de súplica.

A acusación popular, que exerce a asociación Xuntos por Galicia, remitiu á Audiencia un escrito no que pide ao tribunal que desestime o recurso de súplica e no que insiste en que debe executarse a sentenza, xa que “fai máis dun ano e seis meses” que o Tribunal Supremo confirmou a condena, e “hai moito tempo que o condenado tería que entrar en prisión”.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...