InicioSucesosDeteñen un veciño de Vigo por unha suposta agresión á súa parella...

Deteñen un veciño de Vigo por unha suposta agresión á súa parella na vía pública

O presunto autor da agresión ausentouse do lugar, pero os axentes o intecerptaron a uns 100 metros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detivo a un veciño da cidade, J.A.N.C., de 50 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella na vía pública.

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá deste martes, cando unha patrulla policial que se atopaba na zona de Praza América foi requirida por un viandante. A testemuña explicou aos axentes que, a escasos metros, unha parella estaba a ter unha forte discusión.

Os policías dirixíronse ao lugar indicado e alí atoparon a unha moza que lles explicou que a súa parella lle acababa de agredir, e que lle propinou varios tortazos e puñadas na cara. De feito, a muller presentaba marcas de rozaduras e rojeces na cara e o pescozo, e tamén restos de sangue.

O presunto autor da agresión ausentouse do lugar, pero os axentes o intecerptaron a uns 100 metros. Ao identificalo, o home recoñeceu que agredira á súa parella, segundo fontes policiais, e foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Luz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, en Nigrán

A Xunta deu luz verde ambiental ao proxecto para construír un campamento de turismo...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...