InicioSociedadeA familia de Déborah pide unha "pericial contraditoria" tras concluír a Garda...

A familia de Déborah pide unha “pericial contraditoria” tras concluír a Garda Civil que non se manipulou o seu disco duro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A familia de Déborah Fernández Cervera, a moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta do Rosal espida e rodeada de pistas falsas, solicitou unha dilixencia de “pericial contraditoria” despois de que a Garda Civil concluíse nun informe que non hai indicios de manipulación do disco duro do computador da moza.

Este ‘contrainforme’ foi solicitado pola xuíza de instrución número 2 de Tui, despois de que os peritos de Lazarus (inicialmente propostos pola propia maxistrada) determinasen que o disco duro de Déborah fora manipulado nalgún momento despois de ser entregado á Policía Nacional.

Hai dous anos, os expertos da Garda Civil tentaron analizar o contido dese disco duro e, tras un incidente no xulgado, no que “case se queima” o dispositivo, concluíron que non se podía levar a cabo a análise. Isto foi xusto antes de que Lazarus realizase o seu estudo.

“O que nos chama a atención, é que a Garda Civil é o corpo que tivo hai dous anos no seu poder o disco duro de Déborah, e despois de 6 meses dixo que non puidera acceder ao seu contido”, sinalou o avogado Ramón Amoedo, que engadiu que, a pesar do ocorrido con eses peritos, e a que logo houbo informes tanto de Lazarus como dunha empresa de parte da defensa do único investigado (o exmozo da moza, Pablo P.S.L.), a maxistrada decidiu “motu proprio” pedir un ‘contrainforme’ á Garda Civil.

Respecto diso dese ‘contrainforme’, que non ve evidencias de manipulación no disco duro, a representación legal da familia de Déborah indicou que se trata dun documento “moi ambiguo”, no que os peritos volv

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

Detido en Mos tras aparecer un home brutalmente agredido

A Garda Civil arrestou a un veciño de Mos como presunto autor dunha agresión...

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...