InicioVigo e contornaVigoTres feridos logo de envorcar un coche conducido por un home que...

Tres feridos logo de envorcar un coche conducido por un home que triplicaba a taxa de alcol

Tal como informou a Policía Local de Vigo, os feitos ocorreron sobre as 01,30 horas, cando os axentes recibiron a alerta dunha saída de vía na rúa Tomás Alonso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas na madrugada do pasado domingo en Vigo tras envorcar un vehículo mentres o condutor circulaba triplicando a taxa de alcol permitida.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 01,30 horas, cando os axentes recibiron a alerta dunha saída de vía na rúa Tomás Alonso.

Unha vez no lugar, os funcionarios observaron que un coche da marca BMW envorcara, resultando feridos o tres ocupantes do turismo, incluído o condutor. Por iso, foron trasladados a un centro hospitalario da cidade.

Ante as sospeitas de que o piloto se atopaba baixo os efectos do consumo de alcol, foi sometido a próbalas pertinentes, arroxando un resultado positivo de 0,87 miligramos por litro en aire expirado, o que triplica a taxa permitida e excede o límite penal establecido.

Feitos similares ocorreron na madrugada do día anterior na rúa Arenal, onde un vehículo envorcou debido a unha saída de vía, dando o condutor un resultado positivo na proba de alcol. Ademais, tivo que ser trasladado a un centro sanitario tras resultar ferido.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...