InicioPolíticaAbel Caballero reivindica os seus resultados "incontestables": "Non hai matiz posible"

Abel Caballero reivindica os seus resultados “incontestables”: “Non hai matiz posible”

Lémbralle a Marta Fernández-Tapias que cunha situación "similar" Elena Muñoz "deixou a política": "O PP verá o que fai".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou os seus “resultados incontestables” nas eleccións municipais do pasado domingo, cando obtivo máis do 60% dos votos, permitíndolle conseguir 19 concelleiros, un menos que en 2019: “Non hai matiz posible”.

En rolda de prensa, o rexedor olívico subliñou que, ao seu xuízo, trátase de resultados que están “noutra galaxia” xa que son “extraordinarios”. Neste sentido, indicou que o PP sacou algo máis do 18% dos votos (5 concelleiros), mentres que o BNG, un 11% (3 concelleiros), polo que o PSOE situouse máis de 42 puntos porcentuais por encima da segunda lista máis votada e a case 50 puntos dos nacionalistas.

Non hai matiz posible. Son uns resultados incontestables. Hai xente que quere buscar o matiz, pero toda España está a ver para o resultado de Vigo. Estivemos en todos os medios de comunicación”, engadiu Caballero, que poderá continuar catro anos máis á fronte da Alcaldía viguesa.

O rexedor aproveitou a rolda de prensa para lembrar que, cun resultado “similar”, a anterior candidata do PP Elena Muñoz “deixou a política”. “O PP verá o que fai”, en referencia a Marta Fernández-Tapias. Preguntado sobre que lle parecería que Tapias fose a nova presidenta da Deputación de Pontevedra, despois de que os ‘populares’ lograsen facerse co poder provincial, Caballero volveu repetir que Muñoz deixara a política tras sacar catro concelleiros en 2019.

FEMP

Abel Caballero tamén quixo puntualizar sobre a situación actual na que se atopa a Federación Española de Municipios e Provincial (FEMP), a cal preside. Así, explicou que aínda é “prematuro” para saber que partido pasará a ter o poder alí, xa que hai que esperar á composición dos concellos.

Por iso, dixo que son os alcaldes quen despois elixen os membros de goberno da Femp, aínda que o criterio que se segue non é proporcional á poboación dos municipios, senón que se segue unha normativa para que as localidades pequenas tamén estean representadas.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...