InicioSociedadeO Parlamento demanda ao Goberno que faga obras ante as "graves deficiencias"...

O Parlamento demanda ao Goberno que faga obras ante as “graves deficiencias” do Centro Oceanográfico de Vigo

A proposta, do BNG, saíu adiante co apoio do PPdeG e a abstención do PSdeG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento galego demandou ao Goberno central que se realicen as obras, melloras e investimentos necesarios para paliar as “graves deficiencias” existentes no Centro Oceanográfico de Vigo.

Esta proposta do BNG, que saíu adiante co apoio do PPdeG e a abstención do PSdeG, tamén volve pedir que o Estado inicie o traspaso á Xunta dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Galicia, unha demanda xa realizada na Cámara ata en catro ocasiones previas. Respecto diso, María do Carme González Igrexas lamentou o “desinterese e abandono” existente sobre os centros oceanográficos, cun estado de “deterioración” do centro vigués.

“A día de hoxe o Ministerio de Ciencia e Innovación non ten ningunha intención en actuar para a reforma e reconstrución deste centro en Vigo, e mentres tanto gustaríanos saber que está a facer o goberno popular na Xunta de Galicia porque nin está nin se lle espera”, reproba. O Bloque remarca que o centro de Vigo é o de maior tamaño de todos os do Estado, onde traballan máis de 120 persoas cun gran esforzo investigador.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...