InicioSucesosDeteñen ao presunto autor do roubo dun coche logo dunha persecución en...

Deteñen ao presunto autor do roubo dun coche logo dunha persecución en Vigo

A pesar de mostrar gran resistencia, foi reducido e detido como presunto autor do roubo do coche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, D.V.C., de 46 anos de idade, como presunto autor do roubo dun coche, e que foi sorprendido circulando con el pola propia dona do vehículo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do pasado luns, cando unha muller requiriu a unha patrulla que circulaba pola rúa Aragón. A requirente explicou aos axentes que, momentos antes, acababa de ver circulando por esa rúa a alguén no vehículo que lle roubaron esa mesma mañá.

A Policía Local deu aviso a outras patrullas e unha dotación localizou o turismo circulando pola confluencia das rúas Cantabria e Vista ao Mar. O condutor ía a tal velocidade que tivo que realizar unha manobra evasiva para non chocar con outro coche.

Os axentes activaron os dispositivos acústicos e lumínicos pero o sospeitoso iniciou a fuxida a gran velocidade. Durante a persecución, o sospeitoso sufriu un accidente, ao chocar contra un bordo nunha pendente inclinada, no cruzamento entre a rúa Cantabria e a Travesía de Vigo.

Os policías saíron do coche patrulla e dirixíronse ao outro vehículo para inteceptar ao condutor, que tentou fuxir á carreira. Finalmente, e a pesar de mostrar gran resistencia, foi reducido e detido como presunto autor do roubo do coche.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...