InicioSociedadeA Xunta aproba axudas de ata 8.000 euros para proxectos na área...

A Xunta aproba axudas de ata 8.000 euros para proxectos na área de influencia das Illas Atlánticas

As axudas poden chegar a cubrir o 100% do investimento subvencionable.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a convocatoria de axudas para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2023, por preto de 150.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir deste mércores, 10 de maio, e as axudas, que se concederán por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable.

Durante a presentación do libro Illas á vista, que tivo lugar no Centro de visitantes do parque natural, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, detallou que poderán beneficiarse destas axudas os concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo; persoas empadroadas ou titulares dunha concesión nesta área influencia; institucións sen ánimo de lucro, e entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento de recursos naturais renovables na área.

Serán accións subvencionables as iniciativas de conservación ou restauración do patrimonio da zona, a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais da zona, a posta en marcha de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación valóresnos deste espazo natural.

Precisamente, o libro infantil Illas á vista, cuxa autora é Rena Ortega, beneficiouse dunha axuda desta liña de financiamento na convocatoria anterior. Segundo subliñou a conselleira, esta publicación permite dar a coñecer entre os máis pequenos “a flora, a fauna, como pasar un día no Parque, como ir ataviados, que facer e non facer”.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...