InicioSucesosFerido un operario despois de caer dunha pérgola a cinco metros de...

Ferido un operario despois de caer dunha pérgola a cinco metros de altura en Vigo

O ferido, que permaneceu consciente en todo momento, foi trasladado, nunha ambulancia de soporte vital avanzado, ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 57 anos de idade, A.T.I., resultou ferido tras precipitarse desde unha pérgola cando estaba a traballar na rúa Arnela, na parroquia viguesa de Teis.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 11,15 horas, cando un particular alertou a Emerxencias e explicou que un operario se caeu desde unha pérgola que está a máis de 5 metros de altura.

O 112 avisou a Urxencias Sanitarias-061, Policía Nacional e Local, e Protección Civil. O ferido, que permaneceu consciente en todo momento, foi trasladado, nunha ambulancia de soporte vital avanzado, ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...