InicioSucesosDous integrantes da banda 'Os Betas' aceptan dous anos de prisión polos...

Dous integrantes da banda ‘Os Betas’ aceptan dous anos de prisión polos delitos cometidos

Fiscalía sinalaba no seu escrito de acusación que os procesados formaban parte deste grupo de "pandilleiros" que trataban de imitar outras bandas latinas como os 'Latin King' ou 'Ñeta'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres dos membros da banda latina denominada ‘Os Betas’, especializada en roubos ao descoido e roubos con violencia maioritariamente sobre menores en Vigo, Baiona ou Cangas, aceptaron entre un e dous anos de prisión polos delitos cometidos.

A vista de conformidade, levada a cabo este xoves no Xulgado do Penal número 2 de Vigo, contou con tres do catro acusados, xa que un deles reside en Málaga. A pesar de que inicialmente se presentaría ao xuízo por videoconferencia, a folga de funcionarios de xustiza impediuno.

Pola súa banda, os demais aceptaron penas de entre un e dous anos, ademais do pago dunha multa e a responsabilidade civil. En concreto, un deles cumprirá un ano menos dous días de prisión (estes dous días xa os pasou en prisión provisional cando foi detido) por un delito de pertenza a grupo criminal. Ademais, outro dos acusados terá a mesma pena polo mesmo delito e unha multa de 90 euros por un delito leve de furto.

O terceiro foi condenado a un ano de prisión por pertenza a grupo criminal, así como a outro ano por roubo con violencia. Tamén terá que pagar multa por un delito leve de furto e máis de 300 euros ás vítimas.

Fiscalía sinalaba no seu escrito de acusación que os procesados formaban parte deste grupo de “pandilleiros”, con integrantes de orixe dominicano fundamentalmente, que trataban de imitar o funcionamento e comportamento doutras bandas latinas coñecidas, como os ‘Latin King’, ‘Ñetas’ ou ‘Trinitarios’.

O ministerio público explica que o grupo, aínda que tiña unha estrutura xerárquica “aínda incipiente” e non practicaban ritos iniciáticos, especializáronse en roubos a mozos (case todos menores) na vía pública, aos que abordaban para quitarlles os teléfonos ou o diñeiro ao descoido. Outra das artimañas que utilizaban era provocar pelexas ou alborotos para, aproveitando a confusión, subtraer os teléfonos.

Os mozos identificábanse entre eles como membros de ‘Los Betas’, facían ostentación en redes sociais do uso de armas e drogas, con saúdos e xestos rituais, e mesmo tiñan un “territorio”, no barrio de Fátima, onde facían pintadas para marcar a súa zona de influencia.

Os acusados teñen condenas anteriores por roubos con violencia. Ademais, a Fiscalía atribúelle outro roubo con violencia, e varios furtos, cometidos no verán de 2018 en Vigo, Baiona e Cangas.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...