InicioSucesosInvestigan casos de explotación laboral de estranxeiros nunha empresa de asistencia sociosanitaria

Investigan casos de explotación laboral de estranxeiros nunha empresa de asistencia sociosanitaria

Habería 30 persoas explotadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga unha empresa de Vigo, adicada á asistencia sociosanitaria a domicilio, por suposta explotación laboral a máis dunha trintena de traballadores estranxeiros que na súa maioría atopábase en situación irregular en España.

Tal como informou o corpo de seguridade, a investigación iniciouse tras a denuncia dunha cidadá, que alertaba sobre as condicións laborais nas que traballara. A vítima relataba unhas condicións abusivas nas que traballaba coidando a persoas maiores dependentes nos seus fogares, traballando todo o día, os sete días da semana, por un salario “ínfimo”, sen alta na Seguridade Social. A partir de aí, puidéronse detectar máis persoas afectadas por esta situación cun perfíl similar.

“A investigación pon en evidencia a precaria situación dos traballadores e as condicións de traballo. Tratándose dunha empresa dedicada a prestar servizos sociosanitarios a persoas dependentes nos seus domicilios, non facilitaba ningún tipo de medida de protección para os seus traballadores, ademais de ocupalos sen os coñecementos profesionais nin formación necesaria para levar a cabo as súas tarefas, pondo en risco tanto a traballadores como a pacientes vulnerables”, engadiu a Policía.

Coa colaboración de Inspección Provincial de Traballo, realizáronse diversas actuacións en domicilios, co fin de comprobar a ocupación e o traballo do persoal da empresa investigada, dando como resultando a detección de que máis dunha trintena de persoas estiveron traballando para esta compañía en condicións de precariedade laboral e sen contrato.

Por todo iso, á persoa que dirixe a empresa impútanselle varios delitos contra os dereitos dos traballadores, intrusismo e contra a Facenda e Seguridade Social.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...