InicioSociedadeA historia de superación de Manuel Severino para lograr rehabilitarse

A historia de superación de Manuel Severino para lograr rehabilitarse

Este home conta como conseguiu saír das drogas grazas á Fundación Érguete

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Érguete-Integración publica a historia de Manuel Severino, un usuario que
chegou á entidade nunha situación de exclusión social severa
. Vivía en situación de rúa e estaba en situación de drogodependencia.

Dende o Programa Sísifo, co servizo Calor-Café fíxose unha primeira aproximación a
Manuel. Tras ir gañando confianza coas persoas técnicas da entidade comezou o seu
paso polo Proxecto Alén para tratar de abandoar o consumo de substancias. Máis tarde,
hai un ano e medio iniciou a súa andanza no Servizo de Orientación Laboral da
organización, foi pouco a pouco superándose a si mesmo, formándose e cumprindo os seus obxectivos.

“En cinco años he cambiado pero puff… Como de la noche al día” explica Manuel. Ao
longo do video, narra como a súa vida cambiou ao cen por cen. Dende xaneiro, e tras
dez anos sen emprego, traballa de peón de albanelaría no Concello de Vigo. Agora
Severino ten ilusión polo futuro. Agora está orgulloso de quen é
: “Sé mirar las cosas de otra forma. Al final, la vida te da sorpresas” engade.

A responsable do Programa Sísifo, Adela Uriz “Deli”, explica a complicada situación de
Manuel cando comezou no programa, e que grazas ao gran compromiso que tiña cos
seus propios obxectivos rematou conseguindo rehabilitarse.
A orientadora laboral da entidade, Silvia Fernández, fala de Severino con emoción porque considera que “es de esas personas que demuestran que cuando una persona tiene ganas, una persona se
esfuerza, las cosas llegan”.

A historia de Manuel Severino é, sen lugar a dúbidas, un dos casos de éxito da entidade.
Esta historia e o traballo da Fundación –con este itinerario personalizado- foron
recoñecidos pola UNAD (Red de Atención a las Adicciones) no seu Congreso realizado
en Córdoba esta semana con distintas xornadas que abordaron as realidades en torno
ás adiccións con profesionais do ámbito da intervención. Asistiron a este evento a
directora da entidade e a responsable do Programa Sísifo e do Proxecto Alén, dos que
formou parte Severino, e recolleron o diploma en nome da Fundación.

https://www.youtube.com/watch?v=x21Rfwxan54

ÚLTIMAS

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...

Ferido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o asperxese con gasolina e lle prendese lume

Un home de 78 anos de idade resultou ferido na tarde deste pasado luns...

O acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao: “Xamais, (…) a súa nai mataríame”

Un home xulgado en Vigo por un suposto delito continuado de agresión sexual ao...

O goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas “correccións rápidas” antes da súa aprobación definitiva

O goberno municipal de Vigo deu conta este martes, no Consello da Xerencia de...