InicioSucesosTres mozos detidos despois dunha liorta a marteladas no barrio do Calvario...

Tres mozos detidos despois dunha liorta a marteladas no barrio do Calvario en Vigo

Ao parecer un grupo de amigos estaba na vía pública cando observaron un vehículo do que saíron tres mozos, que se achegaron a eles e, ocultando o seu rostro, comezaron a agredilos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo o pasado sábado, 15 de abril, tres mozos en Vigo tras rexistrarse unha liorta con obxectos contundentes como martelos no barrio do Calvario.

Foi sobre as 21,30 horas cando unha patrulla foi requirida ao producirse unha pelexa entre varias persoas no Calvario, portando obxectos “contundentes” e armas, informando un particular de que podería haber feridos.

Unha vez no lugar, os axentes observaron a dúas persoas que sangraban abundantemente, con cortes e golpes por todo o corpo, polo que se solicitou asistencia médica e foron trasladados a un centro hospitalario, sendo necesarios puntos de sutura.

Segundo informa a Policía Nacional, ao parecer un grupo de amigos estaba na vía pública cando observaron un vehículo do que saíron tres mozos, que se achegaron a eles e, ocultando o seu rostro, comezaron a agredilos con ferramentas como un martelo ou unha chave de rodas. Tras isto, fuxiron do lugar.

Por iso se iniciou un operativo de procura, localizando e detendo aos presuntos autores da agresión, que pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...