InicioCulturaAlejandro Sanz actuará o 27 de xullo no auditorio de Castrelos de...

Alejandro Sanz actuará o 27 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante madrileño Alejandro Sanz actuará o próximo 27 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo, nun concerto enmarcado nas Festas de Vigo 2023 que organiza o Concello. Así o anunciou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que puxo en valor a traxectoria profesional do artista. “Non necesita presentación”, reivindicou.

Sobre Sanz, Caballero destacou os Premios Grammy que conseguiu ao longo de toda a súa carreira e explicou que chegará á cidade olívica coa súa xira ‘Sanz en vivo 2023’.

Este concerto súmase aos artistas xa anunciados que visitarán Castrelos este verán, empezando o 8 de xullo con Andrés Calamaro, o 15 de xullo con David Bisbal, o 24 de xullo con Pablo López, o 5 de agosto Beret e o 15 de agosto con Ana Mena. Ademais, as Festas de Vigo tamén incluirán espectáculos infantís. Abel Caballero anunciou que o 19 de xullo interpretarase ‘A ratita fachendosa’, a cargo da Charanga Teatro, mentres que o 12 de xullo será a quenda de Rayuela.la.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...