InicioSucesosTrasladan en helicóptero a un home atropelado por unha furgoneta na Cañiza

Trasladan en helicóptero a un home atropelado por unha furgoneta na Cañiza

A vítima estaba atrapada debaixo do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O helicóptero medicalizado con base en Ourense trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a un home tras resultar atropelado por unha furgoneta na Cañiza.

Os feitos ocorreron sobre as 10,00 da mañá na rúa Otero Pedraio, segundo informa o 112 Galicia. O aviso dérono o 061, despois de mobilizar a unha dotación sanitaria para atender ao ferido, e un particular, que sinalaba que a vítima estaba atrapada debaixo do vehículo.

Así, o 112 pediu a colaboración dos membros do GES-SPEIS de Ponteareas. Unha vez liberado, o home recibiu os primeiros coidados antes do seu traslado na aeronave medicalizada ao Álvaro Cunqueiro. No operativo tamén participaron a Policía Local para facilitar a aterraxe do helicóptero nun campo próximo ao lugar do accidente.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...