InicioEconomíaPersoal de Povisa inicia mobilizacións de cara á folga para reclamar "un...

Persoal de Povisa inicia mobilizacións de cara á folga para reclamar “un convenio colectivo xusto”

Os contactos para renovar o convenio comezaron en 2021, pero non foi posible un acordo e os sindicatos denunciaron que a empresa vincula calquera pacto coa firma do concerto co Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de traballadores do hospital vigués Povisa (do grupo Ribeira Saúde) concentráronse este martes fronte ás portas do centro sanitario, no marco das mobilizacións previas á folga convocada para a semana que vén (do 17 ao 20 de abril) para reclamar “un convenio colectivo xusto”.

Os traballadores, que volverán concentrarse o xoves, sinalaron que en próximas horas terá lugar unha nova reunión da mesa negociadora do convenio, e advertiron de que se a empresa non expón unha proposta que satisfaga as demandas do comité, continuarán as mobilizacións.

De feito, os representantes dos traballadores (encabezados pola CIG) xa anunciaron hai uns días que, se non hai acordo tras as xornadas de paro da próxima semana, a folga converterase en indefinida a partir do 24 de abril.

Os contactos para renovar o convenio comezaron en 2021, pero non foi posible un acordo e os sindicatos denunciaron que a empresa vincula calquera pacto coa firma do concerto co Sergas. Neste tempo, si se alcanzou un preacordo (o ano pasado) para subir os salarios un 2,5 % e para ampliar a xornada a 40 horas ao persoal que tiña 35 horas.

Na última reunión, Povisa expuxo unha subida salarial do 3 % para o período 2023-2025, cantidade que o comité considera “insuficiente”, e criticou que a empresa pretenda eliminar pluses e impedir o fraccionamento das vacacións como quere o persoal.

A parte social, mentres, reclamou un incremento salarialdel 5,5 % para este ano e do 4 % para os dous seguintes, sen negarse a ceder nesas cifras no caso de que se melloren outros aspectos do convenio. O comité lembrou que o persoal “leva moitos anos” cos salarios conxelados” e cunhas condicións laborais que “deben mellorar”.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...