InicioCulturaLuis Zahera, Premio Pedigree de Honra do Festival de Cans

Luis Zahera, Premio Pedigree de Honra do Festival de Cans

O Festival de Cans quere recoñecer a súa "gran traxectoria" tanto en cinema como en televisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans acordou entregar, na súa edición deste ano (que se celebrará entre o 16 e o 20 de maio), o seu Premio Pedigree de Honra ao actor Luis Zahera, segundo decidiu a Asemblea da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame.

Zahera acaba de obter o seu segundo premio Goya pola súa interpretación en ‘As Bestas‘, de Rodrigo Sorogoyen e o Festival de Cans quere recoñecer a súa “gran traxectoria” tanto en cinema como en televisión.

Ademais, o Festival de Cans xa o premiou no pasado, como Mellor actor, nos anos 2008 e 2012. Nesta edición, recollerá o seu Premio Pedigree de Honra o próximo 19 de maio e, como é tradición para os galardoados con este recoñecemento, deixará as súas pegadas impresas no Torreiro das Estrelas, xunto ás doutros homenaxeados, como Margarita Ledo, Jorge Coira ou Luís Tosar.

Por outra banda, ese mesmo día, o Festival entregará os Chimpíns de Prata, que este ano recoñecerán á actriz Melania Cruz, ao xornalista Anxo Suanzes e a veciña María Jesús Sánchez, ‘Mari da Carreira’.

ÚLTIMAS

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...