InicioEconomíaA Xunta felicita a Augas de Mondariz por "marcar a diferenza" e...

A Xunta felicita a Augas de Mondariz por “marcar a diferenza” e expandir a marca Galicia Calidade

En Galicia hai máis de 20 balnearios que dan emprego a 1.200 persoas e facturan 60 millóns de euros ao ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, industria e Innovación, Francisco Conde, participou este mércores en Baiona no acto de conmemoración do 150 aniversario de Augas de Mondariz, empresa da que destacou o seu esforzo por “marcar a diferenza” e a súa contribución á expansión da marca Galicia Calidade.

Conde tamén puxo en valor a importancia da compañía no desenvolvemento económico e social da contorna no que está situada. Segundo recolle o Goberno galego nun comunicado, o vicepresidente quixo enxalzar o sector das augas mineiro medicinais da Comunidade, que fai posible que existan máis de 20 balnearios que dan emprego a 1.200 persoas e facturan 60 millóns de euros ao ano.

Tamén destacou as 10 plantas embotelladoras galegas cunha facturación de 120 millóns e 300 empregados con presenza en máis de 50 países do mundo. En concreto, Francisco Conde felicitou a Augas de Mondariz pola súa traxectoria e a súa aposta pola “innovación, diferenciación, sustentabilidade e internacionalización”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...