InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs Illas Cíes, candidatas a "Geoparque Mundial" da Unesco

As Illas Cíes, candidatas a “Geoparque Mundial” da Unesco

O goberno local traballa desde 2014 na candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o Concello presentará a candidatura das Illas Cíes a “Geoparque Mundial” da Organización das Nacións Unidas para a Cultura, as Ciencias e a Educación (Unesco).

Será o venres 31 de marzo cando o rexedor presente no Auditorio Mar de Vigo esta candidatura, co obxectivo de que en 2024 o arquipélago sexa parte da devandita Rede Mundial de Geoparques. O alcalde olívico xa enviou unha carta á secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela, mostrando a súa vontade a realizar este labor.

“É importantísimo. Un recoñecemento de ámbito mundial. En Galicia temos o geoparque das Montañas do Courel e o proxecto de Cabo Ortegal. As Cíes será o terceiro Geoparque Mundial da Unesco (da Comunidade)”, reivindicou.

Caballero lembrou que o goberno local traballa desde 2014 na candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, polo que as investigacións feitas ata agora serven para a nova candidatura, aínda que tamén haberá que completar novos requirimentos, segundo dixo.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...