InicioEconomíaA sede de Zona Franca de Vigo en Areal acollerá a XXIII...

A sede de Zona Franca de Vigo en Areal acollerá a XXIII edición de Franquiatlántico este 9 de marzo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Zona Franca de Vigo en Areal acollerá este xoves a XXIII edición da feira Franquiatlántico, salón da Franquía e Oportunidades de Negocio. O evento foi presentado este luns nun acto que contou coa presenza da directora xeral de Zona Franca, Inés González; a concelleira da área Económica e de Empresa do Concello de Vigo, Elena Espinosa; e da directora da feira, Raquel Robledo.

Este evento forma parte do maior conglomerado de encontros profesionais sobre a franquía en España, integrado tamén por FrankiNorte Bilbao, FrankiCantabria (en Santander) e a Feira de Franquías En liña.

Inés González subliñou que Zona Franca se estrea este ano como sede de Franquiatlántico, “como institución implicada no desenvolvemento económico de Vigo e o noroeste peninsular”.

Raquel Robledo apuntou, pola súa banda, que a feira está consolidada e que logrou celebrarse de forma ininterrompida durante os últimos 23 anos. Ao seu xuízo, a clave desta ‘lonxevidade’ foi a capacidade de adaptación “nun período de cambios radicais, innovación acelerada e sobresaltos económicos”, avanzando no ‘networking’.

Robledo subliñou a importancia da participación de Zona Franca como patrocinador da feira, así como o apoio do Concello de Vigo, cuxa concelleira, Elena Espinosa, puxo en valor a influencia deste evento na implantación e difusión do modelo de franquía en Vigo e en Galicia.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...