InicioEconomíaStellantis Vigo amplía a parada dunha das súas liñas por falta de...

Stellantis Vigo amplía a parada dunha das súas liñas por falta de subministracións ata o mércores

A parada comezou na quenda de noite do pasado venres

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ante a persistencia nos problemas de aprovisionamento, a dirección da factoría do grupo automobilístico Stellantis en Vigo comunicou ao persoal que a parada no seu sistema 1 prolongarase 24 horas máis. Así, a pasada semana xa se informou da suspensión de actividade neste sistema de produción, o que monta os modelos Peugeot 2008 e 301, e o Citroën C-Elyseé.

A parada comezou na quenda de noite do pasado venres, e afecta tamén os tres quendas dese sistema este luns. Inicialmente estaba prevista a continuación do traballo este martes, pero a parada prolóngase ata o mércores. Segundo informou a empresa aos traballadores, a nova previsión é retomar a actividade na quenda de mañá do mércores, ás 6,00 horas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...