InicioSociedadeA tempada de pesca de anguía nas rías de Vigo e Arousa...

A tempada de pesca de anguía nas rías de Vigo e Arousa irá de maio a outubro

Ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas de anguía ou nasas butrón ao día

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tempada de pesca de anguía nas rías de Vigo e Arousa irá do 1 maio ao 31 de outubro de 2023, segundo a resolución publicada pola Consellería do Mar no Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves.

As capturas deben superar a talla mínima. Evitarase a pesca de anguías prateadas e todas as que se capturen deberán ser devoltas ao mar para asegurar a súa reprodución. Igualmente, procurarase baleirar as nasas o máis rápido posible para evitar a mortalidade das capturas accidentais.

O uso de nasas para anguía –lonxitude máxima de 670 milímetros– será en horario exclusivamente diúrno. Mentres, a utilización das nasas butrón –lonxitude máxima de 6 metros– será tanto diúrna como nocturna.

As nasas non se poderán calar nin poderán permanecer no mar os fins de semana a partir das 12,00 horas do sábado, e a embarcación non poderá saír do porto ata as 12,00 horas do luns seguinte.

Con base no plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas de anguía ou nasas butrón ao día, independentemente da zona de pesca. Con periodicidade mensual, a confraría deberá remitir datos de extracción por especie.

Para evitar a morte de capturas incidentales, prohíbese que os butróns queden en seco, polo que é necesario ter en consideración a influencia das mareas para adecuar á zona de traballo os puntos de calado das devanditas nasas.

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...