InicioSucesosFamiliares da muller asasinada en Baiona: "Agora empezaba a vivir, coa súa...

Familiares da muller asasinada en Baiona: “Agora empezaba a vivir, coa súa casiña nova e os seus nenos”

Veciños e familiares da muller asasinada en Baiona concéntranse para expresar a súa repulsa polo crime. O Concello prevé decretar 3 días de loito oficial e as bandeiras xa ondean a media hasta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns douscentos veciños e familiares da muller asasinada en Baiona nas últimas horas, supostamente pola súa exparella, concentráronse ao mediodía deste luns fronte ao Concello da localidade para expresar a súa repulsa por un crime que conmocionou ao municipio.

Así, durante uns 20 minutos, manifestaron en silencio o seu rexeitamento ao asasinato de Beatriz L.G., nun acto no que participaron familiares da vítima, así como membros do goberno local, entre eles, o alcalde, Carlos Gómez Prado. A concentración finalizou cun prolongado aplauso, mentres os participantes gritaban “Nunca máis!”.

O Concello de Baiona xa puxo as bandeiras do seu balcón a media asta e, á espera do informe oficial de Subdelegación do Goberno que confirme que se trata dun crime de violencia machista, a previsión é, segundo explicou o rexedor, decretar 3 días de loito oficial.

De feito, no veciño municipio de Nigrán, o goberno local xa decretou 3 días de loito oficial, con bandeiras a media hasta, e este martes celebrará ás 10,00 horas unha concentración de repulsa ante o Consistorio.

Na concentración de Baiona, vivíronse momentos de emoción e moita tristeza por parte de familiares da vítima, que lamentaron que lle arrebataron a vida a “unha muller tan boa”, que “agora empezaba a vivir, coa súa casiña nova e os seus nenos”, dos que obtivera a custodia. “Nin sequera lle tocaban os nenos a el, e ela como era boa deixoullos”, sinalou unha familiar.

O rexedor de Baiona trasladou as súas condolencias aos achegados de Beatriz, e agradeceu que tanto Subdelegación de Goberno como a Secretaría de Estado de Igualdade puxéronse en contacto co Concello para porse a disposición da administración e da familia da vítima.

Así mesmo, a comunidade educativa de Baiona, a través das redes sociais, tamén expresou a súa repulsa. Por outra banda, a Xunta enviou a un equipo de psicólogos do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) ao IES Pedro Floriani, onde traballa o presunto autor do crime, Ángel R.D., como profesor.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres 'ViveVigo', un programa municipal de...