InicioVigo e contornaVigoCentenares de persoas piden ao Concello de Vigo que "respecte" o tecido...

Centenares de persoas piden ao Concello de Vigo que “respecte” o tecido asociativo da cidade

É a primeira vez en case 16 anos de mandato do alcalde, Abel Caballero, na que varios colectivos se reúnen para expresar o seu malestar nun acto conxunto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baixo a lema ‘Vigo Somos Todos’ centenares de persoas concentráronse este domingo na Porta do Sol da cidade olívica para reclamar ao Concello que “respecte e escoite” ao tecido a asociativo.

Máis dunha quincena de asociacións viguesas, entre as que están Vigo Histórico, Afectados polo Viario de Beade, Grupos en Loita ou Bembrive en Pé concentráronse ás 12,00 horas neste céntrico punto.

Todas elas coincidiron en reclamar “un novo modelo de cidade” no que “se escoite e se respecte” aos movementos sociais e que priorice “a calidade de vida fronte ao investimento privado”, tendo en conta os desafíos de sustentabilidade e mobilidade.

Durante a concentración, a organización leu un manifesto no que sinalan que Vigo ten “o seu particular alcalde populista” que goberna con “enormes aires de grandeza e superioridade” e que “despreza as voces discordantes e ignora os problemas sociais, de convivencia e de sustentabilidade da cidade”.

Así, detallaron que “debaixo do paraugas de éxito mediático” da cidade durante o Nadal, “proxéctanse tamén moitas sombras”. Por iso, este conxunto de colectivos quere que “antes de romper Bembrive coa nova A-52 Vigo-O Porriño, se escoite aos veciños e se pense no patrimonio que van perder”.

Ademais, demandan un Vigo onde “se teña en conta o descanso dos vigueses” que, engaden, “ven abocados a sobrevivir durante o Nadal”. Nesta mesma liña, piden que “non se expulse á poboación empobrecida das prioridades locais” e que as bandas de música “non se atopen con salas de ensaio pechadas” ou con “actuacións policiais nos concertos”.

“Non se pode construír un Vigo de costas aos veciños. Non se pode confundir esa maioría absolutísima, lexítima e democrática, cun cheque en branco. O exercicio desa maioría non pode ser un rodete antidemocrático. Queremos un modelo de cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e non reduza á marxinalidade a múltiples asociacións e colectivos, os cales temos moito que dicir e achegar polo Vigo que queremos”, conclúe o manifesto.

É a primeira vez en case 16 anos de mandato do alcalde, Abel Caballero, na que varios colectivos se reúnen para expresar o seu malestar nun acto conxunto.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...