InicioSociedadeO Consorcio Casco Vello de Vigo denuncia o "boicot" do Concello ante...

O Consorcio Casco Vello de Vigo denuncia o “boicot” do Concello ante a negativa de aprobar os seus orzamentos

Isto "paraliza" cinco novas rehabilitacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, lamentou este xoves o “boicot” do Concello de Vigo á institución ante a súa negativa de aprobar os orzamentos do organismo, o cal “paraliza” cinco novas rehabilitacións.

Tal como informou o Goberno galego nun comunicado, o Consorcio levaba na súa sesión do comité executivo deste xoves o proxecto para reformar o inmoble situado no número 9 da Subida á Costa, pero tivo que ser retirado ante o informe do interventor. “Non parece aconsellable encargar a redacción de proxectos se non poden ser licitados ou adxudicados”, sinalaba na súa proposta.

No documento, engadíase que “a variación de prezos e os desaxustes loxísticos do mercado introducen unha caducidade moi corta nos prezos das materias primas, polo que o orzamento previsto nos proxectos carece de valor real a efectos de licitación”.

Ante isto, Fernández-Tapias indicou que esperará a unha reasignación de créditos para poder levar de novo o proxecto ao comité e así impedir a “paralización” do Consorcio a pesar dos “bloqueos” dos Concellos.

Ademais, esta situación de falta de orzamentos provocou a paralización doutro catro proxectos de rehabilitación en distintas fases de execución. “Estamos nunha situación de bloqueo técnico debido a que se está torpedeando o labor dun organismo que suma 83 edificacións e 117 vivendas rehabilitadas”, sinalou.

A Xunta explicou que, a pesar de que o Concello representa só un 10% do Consorcio (o 90% restante é precisamente da Xunta) é necesario o seu visto e prace para poder executar as partidas orzamentarias previstas.

“A negativa provoca que o organismo estea a funcionar coas contas prorrogadas do 2021, o que implica o bloqueo da rehabilitación de nove edificacións e 14 vivendas de promoción pública, que suman en conxunto un investimento superior a 1,5 millóns de euros”, lamentou o Executivo autonómico.

RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo do goberno local vigués, María José Caride, en declaracións remitidas aos medios, acusou a Fernández-Tapias de “negarse a negociar” o orzamento do Consorcio e de estar instalada na “confrontación”.

Segundo a representante municipal, a presidenta do Consorcio e delegada, á que se refire como a “candidata do PP” á alcaldía, non só “se negase a negociar” esas contas, senón que “non achega documentación técnica que avale a idoneidade da parcela que pretende regalar á Xunta” para sede do CGAC en Vigo, e “prefire ter locais pechados e baleiros antes de cederllos ao Concello”.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...