InicioPolíticaEn Marea considera dun "grande cinismo" que Caballero fale de recuperar as...

En Marea considera dun “grande cinismo” que Caballero fale de recuperar as dunas de Samil

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado martes, anunciábase que o alcalde o PSOE, Abel Caballero, trasladáballe á Ministra de Transición Enerxética e Medio Ambiente unha petición para a rexeneración do areal de Samil, seguindo o exemplo da intervención realizada no Vao no ano 2005, pola que o areal gañaba máis de 3 metros e recuperaba gran parte da flora autóctona.

Pero Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, vén de lembrar que “o complexo hostaleiro Marina Cíes, autorizado de xeito teimoso por Abel Caballero, está situado en terreos destinados ao Sistema Xeral de Zona Verde Alcabre-Samil, cuxa ficha indica que a ordenación do ámbito determinarase pormenorizadamente no Plan de Rexeneración, no que quedaba claro que a nova adxudicación dunha nova concesión para un uso terciario resultaba totalmente incompatible cos usos que o PXOM vixente naquela altura proxectaba no ámbito”.

Ante estas circunstancias, o grupo municipal da Marea de Vigo considera dun “grande cinismo” que Abel Caballero traslade agora á Ministra a recuperación dun Plan de Rexeneración que el mesmo dinamitou coa licenza do Marina Cíes Beach Club, xa que é evidente que a instalación resultante das obras “nin é provisional, nin é facilmente desmontable. O que se fixo foi demoler unha estrutura existente e executar unha edificación totalmente nova orzamentada naquel momento nun millón cincocentos mil euros”.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...