InicioSociedadeEstudantes da UVigo desenvolverán un proxecto de videoxogo baseado nunha novela gráfica...

Estudantes da UVigo desenvolverán un proxecto de videoxogo baseado nunha novela gráfica de Manel Cráneo

O ilustrador afirmou que o proxecto lle parece "unha idea fantástica" e asegurou sentir "moita ilusión"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estudantes de distintas titulacións na Universidade de Vigo (UVigo) colaborarán ao longo deste cuadrimestre para desenvolver un proxecto de videoxogo baseado na novela gráfica ‘Destino Hërgüss’, do ilustrador coruñés Manel Cranio.

A actividade foi iniciativa do grupo de innovación docente ComTecArt, que busca achegar ao alumnado procesos interdisciplinares que definen o traballo nesta industria, segundo trasladou a universidade. Así, un total de 15 estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo traballarán na primeira fase dun xogo inspirado no cómic.

O artista, cuxa traxectoria abarca traballos de ilustración e outros expositivos e musicais, reuniuse este mércores con alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación para coñecer as propostas do concepto de xogo formuladas polo tres grupos nos que se dividen os participantes.

En concreto, a iniciativa será levada a cabo por estudantes dos graos en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e Enxeñaría de Telecomunicación, e está impulsada polos docentes destas titulacións Beatriz Legerén, Mónica Valderrama, Luís Fernández, Antonio Pena e Enrique Costa.

O ilustrador afirmou que o proxecto lle parece “unha idea fantástica” e asegurou sentir “moita ilusión” dado que “xa houbera un intento de adaptación ao videoxogo, cunha demo ambientada nese universo”.

Así mesmo, Cráneo explicou que o universo fantástico desenvolvido na novela gráfica, denominado Planeta Mincha, naceu como “un proxecto multiplataforma”, o que permitiu crear libros infantís, novelas gráficas, proxectos de animación, promocións comerciais e pasatempos.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...