InicioSucesosDous varóns rouban o móbil dun mozo en Samil mentres durmía trala...

Dous varóns rouban o móbil dun mozo en Samil mentres durmía trala noite de San Xoan

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 08:20 horas do día 24 de xuño, axentes da Policía Local de Vigo que prestaban servizo no Paseo de Samil foron requiridos por varias mozas, as cales indicáronlles que acababan de presenciar como dous varóns furtaban o teléfono a outro que se atopaba durmindo nun banco.

Elas observaran como os dous presuntos autores do furto cacheaban á persoa durmida e subtraían un teléfono e unha carteira; ausentándose seguidamente do lugar camiño dun local hosteleiro próximo.

A vítima do furto foi un varón de 21 anos, natural e veciño de Vigo, quen confirmou á patrulla non decatarse de nada, e botar en falta unha carteira con documentación e un teléfono -indicou cor e marca-.

As testemuñas do feito aportaron as características físicas dos presuntos autores, que foron localizados nas proximidades e que ao decatarse da presenza da policía se dirixiron ao estacionamiento de vehículos.

Un dos Axentes puido ver como un dos individuos deixaba baixo un vehículo algún obxecto, que resultou ser un teléfono con características coincidentes co furtado. O segundo individuo portaba unha tarxeta do Concello de Vigo a nome da vítima.

Os presuntos autores son dous varóns estranxeiros, de de 31 e 32 anos. O varón obxecto do furto fixo constar que presentaría a oportuna denuncia.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...