Este martes un dos merdeiros tivo un percance cun individuo “alterado” que “non entendeu a dinámica do entroido” vigués e emprendeuna contra un deles rachando a súa máscara.
Quenes son os merdeiros
A personaxe típica do entroido vigués é dende a súa recuperación no ano 2006 a figura do merdeiro. O Merdeiro é unha personaxe de carácter popular que desapareceu durante a década de 1920 debido a ordenanzas municipais que limitaron e suprimiron os costumes transgresores da personaxe. O Merdeiro era habitual nos barrios mariñeiros da cidade, coma no Berbés, e o seu obxectivo era alporizar á xente refinada durante a festa, emporcando a xente con restos de peixe podre. De esta actividade ven o seu nome.
O traxe destes merdeiros era unha imitación do tradicional traxe de escabicheiro, labregos adicados a recoller restos de peixe e argazo para abonar o campo, co que o motivo da figura desta festa sería a rivalidade entre mariñeiros e labregos.