InicioSociedadeA Xunta acomete actuacións de limpeza e conservación en Rego do Charco

A Xunta acomete actuacións de limpeza e conservación en Rego do Charco

As obras inclúen a retirada de ramas de árbores caídas e as secas que comporten risco de desprendemento e a roza de maleza para facilitar o tránsito da auga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, comezou a acometer actuacións de limpeza e no treito interurbano do Rego do Charco ao seu paso polas parroquias viguesas de Oia e Saiáns.

Segundo recolleu mediante unha comunicado Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, as tarefas desenvólvense nun tramo de 600 metros comprendido entre a vía PO-325 e o Camiño do Fortiñón.

En concreto, as obras inclúen a retirada de ramas de árbores caídas e as secas que comporten risco de desprendemento e a roza de maleza para facilitar o tránsito da auga.

Esta actuación enmárcase no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico de pártea sur da comunidade e as súas zonas de acceso e protección desenvolvido por Augas de Galicia.

Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade busca mellorar os leitos fluviais para favorecer o uso da súa contorna e respectar o medioambiente, así como as condicións naturais destes ecosistemas.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...