InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs perdas de 2017, inasumibles para os montes veciñais, aumentan aínda máis...

As perdas de 2017, inasumibles para os montes veciñais, aumentan aínda máis o risco de incendio

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Forestal de Galicia aínda agarda por un plan público de restauración dos montes afectados pola vaga de lumes, en risco de abandono. O colectivo lembra a necesidade de apoios que permitan a recuperación dos bosques afectados, que corren un serio risco de ‘selvatización’.

Parte dos traballos de corta e saca da madeira queimada están aínda sen acometer no primeiro aniversario da vaga de lumes do outono do 2017, que arrasou arredor de 50.000 hectáreas en Galicia.

Desde a Asociación Forestal agárdase un plan público de restauración que permita afrontar a recuperación dos bosques calcinados. A vaga de lumes levou por diante boa parte do patrimonio forestal de comunidades de montes do sur de Pontevedra que estaban a distinguirse pola súa boa xestión.

Só en comunidades socias da Asociación Forestal de Galicia, as perdas na provincia de Pontevedra pola vaga de lumes foron de 18,9 millóns de euros, cuns custos de restauración estimados en arredor de 10 millóns de euros.

Os montes veciñais, que quedaron descapitalizados a raíz dos lumes, vense agora sen posibilidades de afrontar as necesarias tarefas de restauración dos montes afectados, nos que haberá que acometer plantacións e tarefas que faciliten a rexeneración do bosque.

O eucalipto medra/ Miguel Núñez

Cómpre lembrar que a propia Consellería do Medio Rural, en visita cursada en decembro do 2017 a montes afectados do Condado-Paradanta, se comprometera coa Asociación Forestal de Galicia na busca de financiación para impulsar un plan de tales características.

“De non acometerse un plan de restauración, boa parte dos montes corren un serio risco de abandono e selvatización, pois ante os escasos recursos económicos propios cos que contan os propietarios, reduciranse os traballos de xestión, o que aumentará os riscos futuros de posibles incendios forestais”, advirten.

Para esta asociación, “resulta significativo que un ano despois dos lumes, parte da madeira afectada estea aínda sen retirar do monte por diversas circunstancias”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...