InicioSociedadePepe O torneiro, un "heroe" para os nenos vigueses da Transición

Pepe O torneiro, un “heroe” para os nenos vigueses da Transición

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pepe “O Torneiro” leva máis de oitenta anos vivindo na mesma casa na que naceu, no barrio de Ribadavia, preto de San Roque. Entón, non facían falta cadeados, valados nin ferraduras.

Pepe encargouse das trompetas do órgano da catedral de Tui, das balaustradas do teatro de García Barbón, de miles de buxainas para os nenos que lle traían anaquiños de madeira ou as mesmas ramas das árbores.

Trompos/ Miguel Núñez

Cando baixaba ao centro, dicía que ía “a Vigo”, algo que hoxe semella do máis curioso. Tamén a súa profesión, case esquecida. Outra anécdota: recorda que en plena ditadura lle causou algún problema o seu apelido, “Rojo”.

A última peza/ Miguel Núñez

Aínda conserva o taller, no patio da súa casa. Alí elaboraba as anhelados buxainas, un dos divertimentos por excelencia na época, de tódolos tamaños. Un centímetro ou un metro, daba igual.

Traballou para Silverio Rivas, publicáronlle entrevistas. Na súa propia casa conserva mostras do seu traballo dunha vida.

O torneado/ Miguel Núñez

E, sobre todo, o que máis ama: a súa muller e a súa familia.

A muller de Pepe coida das galiñas/ Miguel Núñez

Así é Pepe, unha desas persoas especiais que Vigo agocha por centos.

Pepe, en primeiro plano/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...