Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras situado na rúa García Barbón de Vigo. Segundo fontes consultadas por Europa Press, ambos os operarios presentaban arañazos e contusións, sen que a súa vida correse perigo. O accidente obrigou a cortar a rúa. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia do 061, os bombeiros e efectivos da Policía Nacional e da Policía Local.
Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo
O accidente ocorreu na rúa García Barbón e obrigou a cortar o tráfico. Os traballadores sufriron arañazos e contusións, sen que a súa vida correse perigo.
PUBLICADO O
- Advertisement -
