InicioSucesosUn incendio nunha cociña deixa unha persoa afectada por inhalación de fume...

Un incendio nunha cociña deixa unha persoa afectada por inhalación de fume en Vigo

O lume declarouse de madrugada nunha vivenda do Camiño de Barros. A Policía Local constatou que unha persoa precisaba asistencia médica e o 112 avisou os bombeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou afectada por inhalación de fume na madrugada deste venres tras declararse un incendio no seu domicilio en Vigo. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, a central de coordinación recibiu arredor das 3.00 horas unha chamada que alertaba dun incendio nunha vivenda do Camiño de Barros. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, que constataron que había unha persoa que precisaba asistencia médica por inhalación de fume. Ademais, avisouse os Bombeiros de Vigo para sufocar o incendio, que afectaba á cociña da vivenda.

ÚLTIMAS

Veciños de Lavadores esixen frear o plan de vivenda de Santa Cristina: “Non abandonar as súas vivendas de toda a vida”

Veciños do barrio vigués de Lavadores esixen á Xunta e ao Concello a “paralización...

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...