InicioSociedadeOs alumnos do IES de Soutomaior rapean contra a violencia de xénero

Os alumnos do IES de Soutomaior rapean contra a violencia de xénero

Fomentando unha sociedade máis xusta ao ritmo da música.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha canción, un grafiti ou unha simple rima, todo vale para enviar unha mensaxe clara contra a violencia de xénero. Este é o obxectivo principal do proxecto que as concelleiras de Mocidade e Igualdade, Noelia Ocampo e Cristina González, presentaron esta mañá no novo IES de Soutomaior.

Unha iniciativa na que participarán máis de 120 alumnos de secundaria e finalizará o próximo 8 de marzo coa creación dun gran grafiti e un concerto coas cancións dos alumnos.

Desta maneira, durante o próximo mes e medio, os mozos aprenderán a compoñer as súas propias letras e melodías musicais, a crear todo tipo de rimas, a situar os golpes de voz para resaltar unha mensaxe… todo cun obxectivo claro, utilizar o valor reivindicativo da arte e a música moderna como vehículo para difundir a súa mensaxe contra a violencia de xénero.

O proxecto conta con varias unidades didácticas destinadas a fomentar valores de igualdade entre os alumnos como a destinada a coñecer a obra de varias mulleres artistas e de especial relevancia na arte contemporánea.

A actividade finalizará o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con dúas grandes actividades. En primeiro lugar, os alumnos crearán un gran grafiti colectivo no que representarán a súa mensaxe contra a violencia de xénero e co que decorarán os muros do novo instituto.

A continuación, celebrarase un gran concerto no que os alumnos farán públicas as súas composicións musicais. “Estamos convencidos de que a música é un dos mellores medios para conectar cos adolescentes, en concreto o música rap, e decidimos aproveitalo”, explica a edil de mocidade, Noelia Ocampo. Pola súa banda, a edil de Igualdade, Cristina González, destacou “a importancia de actuar a estas idades para conseguir atallar unha das grandes vergoñas da nosa sociedade, a violencia de xénero”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...