InicioMedio Ambiente e PatrimonioIncautados en Oia 60 quilos de centollas, en veda nesta época do...

Incautados en Oia 60 quilos de centollas, en veda nesta época do ano

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Autonómica incautou o pasado mércores 60 quilos de centolla no municipio pontevedrés de Oia, no marco dun operativo de loita contra o furtivismo desenvolvido por membros do Equipo de Actividades Subacuáticas do Grupo Erpol do devandito corpo policial, en colaboración coa Subdirección Xeral de Gardacostas.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, tras levar a cabo unha inmersión na zona do embarcadoiro de Oia, localizáronse dúas gaiolas metálicas de grandes dimensións depositadas no fondo mariño, a uns catro metros de profundidade para dificultar a súa detección.

No seu interior atopábanse 57 centollas vivas, moitas delas femias en época de cría, a pesar de que se trata dunha especie que na actualidade está en veda. Por iso, o marisco incautado foi liberado e devolto ao mar.

“O operativo xurdiu no marco de inspeccións aleatorias por distintos lugares da costa galega, ante a posible existencia de fondeos ilegais de marisco no leito mariño“, indica o Executivo autonómico.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...