InicioSociedadeO Claustro da UVigo celebra a súa sesión constituínte

O Claustro da UVigo celebra a súa sesión constituínte

A Universidade dá inicio a unha nova lexislatura tras a reelección, o pasado 4 de maio, de Manuel Reigosa como reitor.

PUBLICADO O

O novo Claustro da Universidade de Vigo celebrou este xoves a súa sesión constituínte e deu inicio a unha nova lexislatura, tras a reelección, o pasado 4 de maio, de Manuel Reigosa como reitor.

A deste xoves foi a primeira reunión da novena lexislatura dun órgano formado por 228 membros, dos que 203 foron elixidos o proceso electoral de maio pasado (e 25 son membros natos, entre eles o reitor, o secretario xeral, as e os decanos e directores/as das facultades e escolas).

Unha vez constituída a Mesa do Claustro votouse o Consello de Goberno, que quedou formado polo reitor, o secretario xeral, a persoa que ocupe a Xerencia, 15 membros designados polo reitor e 20 membros elixidos polo Claustro (dos que 8 corresponden ao sector PDI-A, 2 ao sector PDI-B, 8 aos estudantes e 2 ao colectivo de PAS).

Tamén se elixiron 15 membros entre decanos/as e directores/as dos centros e departamentos. Completan o Consello de Goberno tres representantes do Consello Social, que non pertencen á comunidade universitaria, e recoñécese a presenza, con voz, de catro representantes sindicais.

Por outra banda, elixiuse aos 12 membros da Comisión Electoral, aos membros dos Consellos dos campus e da Comisión de Reclamacións.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...