InicioSociedadeResposta Feminista pide trasladar ao Meixoeiro o servizo de reprodución asistida ante...

Resposta Feminista pide trasladar ao Meixoeiro o servizo de reprodución asistida ante a súa “paralización” polo espazo

O colectivo denuncia a súa "paralización" por falta de espazo e acusa ao Sergas de incumprir o plan aprobado para 2024-2028.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Resposta Feminista pediu este luns o traslado ao hospital Meixoeiro de Vigo o servizo de reprodución asistida, que actualmente se atopa na rúa Pizarro, ante a súa “paralización” por falta de espazo. En rolda de prensa, o colectivo denunciou a situación de “parálise” na que se atopan as medidas comprometidas no Plan galego de reprodución humana asistida 2024-2028 aprobado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Este plan inclúe, segundo dixeron, “importantes melloras” para os dereitos reprodutivos das mulleres, como a ampliación progresiva da idade máxima de acceso ás técnicas de reprodución asistida, desde os 40 ata os 45 anos, así como a conxelación de óvulos entre 30 e 35 anos sen patoloxías.

Pero este plan non se está implementando na súa totalidade polo grave problema de espazos e persoal. A actual unidade situada no anexo do Hospital Xeral é insuficiente e xa non ten quirófanos nin espazos no laboratorio suficientes para os novos equipos, polo que limita a ampliación do servizo e as prestacións”, apostilou Alba Alvar, portavoz do colectivo.

Segundo lembrou, este traslado xa estaba recollido no plan funcional da área Sanitaria de Vigo e foi anunciado en 2023, pero “nunca se fixo efectivo”. “Unha vez máis, vemos como os recursos relacionados coas mulleres quedan para o final e nunca son prioritarios. Por outra banda, esta deficiencia no servizo deriva en que a demanda no negocio privado aumente, xerando desigualdade e mercantilizando nosa capacidade reprodutiva”, engadiu, indicando que moitas mulleres superan a idade antes de que poidan acceder a unha cita.

OBRAS

Así mesmo, informaron que as obras que se levarán a cabo no centro farán que a partir deste martes e ata o 17 de agosto deixarase de prestar o servizo. Segundo lles trasladaron as traballadoras do centro, os traballos pretenden ampliar espazos para permitir a instalación dunha parte dos novos aparellos. Con todo, Resposta Feminista considera que esta ampliación é “insuficiente” para garantir un servizo público de calidade. Ademais, durante os meses de peche “non se vai a derivar o servizo a ningún outro centro, excepto nos casos urxentes”, o que incrementará, ao seu xuízo, as listas de espera.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...