InicioSucesosUn veciño de Vigo encontra unha cobra de máis dun metro no...

Un veciño de Vigo encontra unha cobra de máis dun metro no baño da súa casa

En concreto, a cobra foi localizada no interior do cuarto de baño, encima dun moble. Foi capturada para, posteriormente, ser devolta ao seu hábitat.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía local de Vigo informou de que o pasado día 20 un veciño da localidade pediu axuda despois de encontrar unha serpe no interior do seu domicilio, na Subida Monte da Serra.

O particular trasladou que se trataba dunha serpe de cor gris de aproximadamente un metro de longo, aínda que os axentes puideron comprobar posteriormente que era unha cobra, malpolón monspessulanus, de 1,20 metros.

En concreto, a cobra foi localizada no interior do cuarto de baño, encima dun moble. Foi capturada para, posteriormente, ser devolta ao seu hábitat.

Ao día seguinte tívose constancia doutro caso en Travesía Barreiro. Unha particular chamou alertando de que lograra capturar un ofidio colocando unha tarteira sobre o mesmo, pero ao levantar o utensilio de cociña, non o localizou.

A Policía Local ratifica que escapara polo oco existente entre a tarteira e o chan. Tras ver unha foto do réptil, constataron que era un escáncer.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...