InicioSucesosA Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

O corpo foi localizado nunha vivenda en semirruína da rúa Poboadores tras a alerta dos veciños polo forte cheiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición, e que foi localizado á primeira hora desta tarde nunha casa en estado de semirruína, no barrio histórico de Vigo. O aviso chegou aos servizos de Emerxencias pouco antes das 16.00 horas, e foron os veciños os que alertaron polo forte cheiro que saía dunha vivenda que adoita estar okupada e frecuentada por persoas sen fogar, no número 47 da rúa Poboadores, en pleno centro da cidade olívica.

Ata o punto desprazáronse efectivos da Policía Nacional e do Imelga e, dado que o cadáver non é recente e o corpo está en estado de descomposición, aínda non se puido identificar nin confirmar as circunstancias do falecemento. En todo caso, fontes policiais indicaron que, a falta da autopsia, os primeiros indicios apuntan a que o corpo non presenta sinais de violencia.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...