InicioSucesosA Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Os axentes lograron suxeitar polo pé ao individuo, que perdera o equilibrio nun balcón da rúa Torrecedeira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase ao baleiro desde o balcón do último piso dun edificio da cidade. Os feitos ocorreron na madrugada do pasado luns, cando o 091 recibiu unha chamada dunha veciña da rúa Torrecedeira que alertaba da presenza dun home na terraza dun inmoble e que ameazaba con tirarse.

Á súa chegada, os axentes localizaron ao individuo empolicado nun dos balcóns do último piso mentres falaba por teléfono, e iniciaron un intento de conversación para tranquilizalo. Dado que o home reiteraba a súa intención de precipitarse, os policías acordoaron a zona e accederon á terraza a través dun balcón contiguo.

Durante aproximadamente media hora trataron de acougalo, pero o individuo non cesou nas súas ameazas e mesmo chegou a subirse a unha estrutura metálica situada no bordo da terraza. Nun momento dado perdeu o equilibrio, instante que os axentes aproveitaron para suxeitalo polos pés e polo a salvo. Posteriormente, o home foi atendido polos servizos sanitarios do 061 e trasladado ao hospital.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...